CRTVG

Buscar

O tifón "Chantu" causa estragos en Taiwan e nas Filipinas

Publicado o 12/09/2021 19:15
O tifón "Chantu" causa estragos en Taiwan e nas Filipinas

Os refachos de vento alcanzan os 250 quilómetros por hora na zona leste de Taiwan con fortes chuvias. Obrigou xa a evacuar de xeito preventivo máis de 2.500 persoas de nove áreas ante o temor de corrementos de terra ou inundacións graves.

O servizo meteorolóxico de Taiwan instou os habitantes da parte norte da illa a permanecer alerta polo desprazamento da treboada, que xa causou o caos nos transportes no leste e cortes na electricidade nuns 140.000 fogares e empresas.

Hai preocupación sobre todo na costa polas ondas, que poden alcanzar os seis metros. Suspendéronse os servizos de ferris. Nas Filipinas tocou terra o sábado e provocou a evacuación de medio milleiro de persoas e ventos sostidos de 250 quilómetros por hora.

"Chantu" chega despois doutro fenómeno do mesmo tipo que se saldou con 14 mortos e uns 10.000 afectados.