O temporal marítimo volve xerar espuma no porto da Guarda
Publicado o 21/12/2019 15:19
Cada vez que o vento fai acto de presenza na costa da Guarda e se forman grandes ondas, os veciños e visitantes volven comprobar a forza do mar, que se encrespa e xera unhas burbullas que chegando a terra crean unha escuma xa habitual.
A alerta vermella obriga a extremar as precaucións, sobre todo na franxa litoral, e recoméndase que ninguén se achegue para evitar perigos.