CRTVG

Buscar

O temporal mantén suspendida a liña Vigo-Barcelona

Publicado o 11/01/2021 21:25
O temporal mantén suspendida a liña Vigo-Barcelona

Os catro trens de ida e outros tantos de volta que unen Galicia e Madrid circulan dende onte con normalidade. Malia todo, esta mañá algúns viaxeiros tiveron que facer transbordo en Ourense e coller un autobús ata a capital española. Unha incidencia que Adif atribuíu á falta de trens e non ao temporal.

A única conexión que está suspendida ata o de agora é a que cobre o traxecto Vigo-Barcelona.

Noticias web

11/01/2021