CRTVG

Buscar

O temporal Gloria desprázase cara ao sur da Península

Publicado o 25/01/2020 12:20

O temporal Gloria desprázase agora cara ao sur da Península, despois de deixar unha paisaxe de destrución na costa leste e 13 mortos. Outras catro persoas permanecen desaparecidas, unha en Cataluña e tres nas illas Baleares.

Estas son imaxes das últimas horas en Málaga. As fortes chuvias, xunto con rebordamento do río, arrastraron coches e anegaron ducias de casas, baixos e garaxes. A auga superou o metro de altura. Os equipos de emerxencia tiveron dificultades para chegar á zona pero xa traballan alí nestos momentos.

Hoxe o presidente do goberno, Pedro Sánchez, visitará algunhas das zonas afectadas por Gloria en Murcia e a Comunidade Valenciana.

Noticias web

25/01/2020