CRTVG

Buscar

O temporal deixa neve no interior por enriba dos 800 metros

Publicado o 02/03/2020 14:13

A neve e os fortes refachos de vento que acadaron os 120 quilómetros por hora sorprenderon a máis dun peregrino no Cebreiro.As maquinas quitaneves percorren dende primeira hora esta estrada pero as nevaradas obrigaron a Garda Civil de Trafico a prohibir a cirulación tanto de camións como de vehículos articulados. O resto de coches deben circular con precaución. A mesma que se recomenda os que percorren o camiño de Santiago. Precación para evitar sinistros coma este. Aconteceu na estrada que une Montederramo con Chandrexa, na montaña de Ourense.

Os termómetros empezaron a baixar e a chuvia tranformouse en nevaradas por riba dos 900 metros. As mínimas acadaron as 11 e media da mañá en Cabeza de Manzaneda, menos catro graos.

A neve tamén obrigou a extremar a preacuació aos que circulaban pola Autová das Rías Baixas no límite entre Galicia e Zamora. As zonas de montaña de Lugo e Ourense permecen en aviso amarelo por vento e nevaradas durante da a toda a xornadas.

 

Noticias web

02/03/2020