CRTVG

Buscar

O temporal de choiva deixou rexistros de 40 litros por metro cadrado en puntos da Coruña

Publicado o 09/02/2021 14:57

Despois dunha noite de fortes refachos de vento e precipitacións moi abundantes, que deixaron acumulacións de auga de ata 40 litros por metro cadro, a xornada comezaba do mesmo xeito con estradas asolagadas e ríos desbordados.

A mañá estivo acompañada de ceo cuberto e algún que outro momento de chuvascos moi fortes. Outro día máis de chuvia, que unido á situación que estamos a pasar, ten os galegos un tanto desanimados.

Durante espazos breves de tempo a chuvia deu unha tregua, pero os episodios de vento e chuvia intensa vanse repetir ao longo de todo o día, unha situación que algúns afrontan de maneira positiva porque así din, é máis fácil para todos pasar tempo na casa. 

Aínda que hoxe se agarda unha xornada de inestabilidade, as precipitacións darán un pequeno descanso para mañá, pero que só durará un día xa que o xoves chegará unha nova fronte. 

Noticias web

09/02/2021