CRTVG

Buscar

O temporal dará unha tregua breve no mar tras unha xornada complicada

Publicado o 16/12/2019 20:34

O temporal continúa a afectar o litoral galego. O mar de fondo aínda que con menor intensidade segue a manter unha situación complicada cun aviso amarelo por ondas que nas primeiras horas da tarde deste luns superaron os cinco metros de altura en zonas como cabo Vilán. Malia todo, a frota do cerco de Malpica saíu traballar.

No porto de Malpica aínda permanece atracado o veleiro rescatado por Salvamento Marítimo esta fin de semana nas illas Sisargas.

Pegada do temporal dos últimos días que tamén se deixa ver na Coruña onde a forte ondada desgastou parte da duna da praia de Riazor que evitou que a auga chegase ao paseo marítimo.

Este martes será unha xornada de tregua, pero a situación no mar volverá empeorar a partir do mércores.

Noticias web

16/12/2019