CRTVG

Buscar

O temporal dana o marisco en Noia

Publicado o 22/02/2021 15:19

A deste ano está a ser unha campaña especiamente dura para o marisco. Tras o paso de Karim, a praia de Testal amenceu cuberta de berberecho e ameixa que o vento arrastrou cara ao areal.

Tras analizar o estado do marisco, e malia a alta mortaldade, os mariscadores seleccionaron o que aínda quedaba vivo para volver sementalo.

Con esta campaña a piques de rematar, as mostraxes realizadas por terra e mar tras o temporal deixan datos esperanzadores con vistas á próxima.

 

Noticias web

22/02/2021