CRTVG

Buscar

O tempo seco e cálido anima a saír pasear

Publicado o 26/12/2019 15:19

O bo tempo é especialmente ben recibido estes días despois das borrascas e os últimos temporais que afectaron a nosa comunidade e que nos mantiveron días e días baixo os paraugas.

As temperaturas arredor dos vinte graos, xunto á entrada de aire cálido, permitirán que nas horas centrais do día poidamos sacar a chaqueta. Unha situación impropia do inverno, que arranca con tempo primaveral.

O anticiclón quedará connosco e tomaremos as uvas baixo a súa influencia.

Noticias web

26/12/2019