CRTVG

Buscar

O tempo mellora antes da fronte desta noite e do anticiclón que se achega para a fin de semana

Publicado o 20/08/2020 14:41

Un paseo polo areal de Vilagarcía non dá idea do mal tempo que fixo nas últimas horas.

Xa antes do mediodía, abríronse na ría de Arousa, en toda a comarca do Salnés e no resto das Rías Baixas, grandes claros que parecen situar o tempo máis preto da estación en que estamos. E tanto os veciños como os visitantes agradéceno.

Pouco que ver coa xornada de chuvia e vento vivida onte, sobre todo en zonas como Lousame, onde chegaron a caer 78 litros por metro cadrado, ou en Viveiro, onde os refachos de vento superaron os 100 quilómetros por hora.

A borrasca Kyle deixou algún que outro dano, como este salgueiro caído en Vilagarcía ou a inundación puntual da praza de abastos, que está en obras para substituír a cuberta.

A cousa mellorou xa substancialmente, aínda que ata a fin de semana o tempo non se vai asentar.

Desde O tempo da TVG, Noelia Rodríguez explica que hoxe vivimos unha transición entre a fronte de onte e a que chegará esta noite, pero avanza que para a fin de semana o tempor irá mellorando e o domingo a xornada será tipicamente estival, con sol en todo o país.

Será, polo tanto, unha fin de semana máis parecida ás que se puideron gozar no mes de xullo.

Noticias web

20/08/2020