O TC investiga a votación do Parlament sobre a autodeterminación
Publicado o 12/11/2019 12:25

O Tribunal Constitucional está comprobando se o Parlament de Cataluña intentou burlalo aprobando a moción da CUP. O TC quere saber se a votación se produciu antes ou despois de que lle fora notificada a suspensión do acordo de admisión a trámite.
O Tribunal Consitucional suspendera os acordos da Mesa do Parlament do 29 de outubro e do 5 de novembro polos que se admitiu a moción en que a cámara volvía reivindicar o dereito de autodeterminación.
O primeiro deses textos da moción da CUP é o que se votou esta mañá no Parlamento catalán.