CRTVG

Buscar

O TC analiza declarar inconstitucional o primeiro estado de alarma

Publicado o 10/06/2021 16:11

A partir do 22 de xuño, o Tribunal Constitucional analizará o recurso contra o primeiro estado de alarma decretado polo Goberno, que podería ser declarado inconstitucional.

De momento estamos ante un borrador e iso non presupón que a opinión deste maxistrado, Pedro González Trevijano, anticipe un voto afirmativo do resto do pleno.

González Trevijano considera que o peche domiciliario da poboación foi inconstitucional porque o estado de alarma non é suficiente para amparar esa medida que se impuxo o 14 de marzo do ano pasado. Na súa opinión, debérase aprobar o estado de excepción que tamén contempla o artigo 113 da Constitución. O relator non valora a necesidade do peche domiciliario, senón a cobertura legal que se lle deu.

 

 

 

Noticias web

10/06/2021