CRTVG

Buscar

O taxi de Any, o primeiro en Galicia equipado cun dispositivo de comunicacion para xordos

Publicado o 19/04/2021 22:23

Entran no taxi de Any, no primeiro taxi galego en equiparse cun sistema que facilita a comunicación coa comunidade xordas. E iso foi posible grazas a este dispositivo, cun sistema de bucle magnético que mellora o diálogo con persoas xordas que teñen audífonos ou implante coclear.

Unha iniciativa particular que non lles importaría que imitasen desde a Administración.

Any leva só dous meses como titular da praza do taxi na Coruña, tempo dabondo para mellorar a vida das persoas con discapacidade para as que ten, a maiores, un bono de desconto.

 

Noticias web

19/04/2021