CRTVG

Buscar

O sur de Ourense volverá estar esta noite en aviso por frío

Publicado o 12/01/2021 21:44
O sur de Ourense volverá estar esta noite en aviso por frío

En Galicia seguimos pasando frío. Sobre todo no sur da provincia de Ourense, onde esta medianoite volven estar en aviso amarelo por temperaturas que poden caer ata os catro graos baixo cero.

O aviso estará activo ata as nove da mañá, e volverá activarse de novo nas primeiras horas do xoves.

Noticias web

12/01/2021