O Supremo xúntase mañá para decidir se Puigdemont pode concorrer ás europeas
Desde Bruxelas, xunto aos seus ex-conselleiros Comín e Ponsatí, Puigdemont mostrouse convencido de que os tres poderán presentarse ás europeas.
"Nós poderemos facer prevalecer o noso dereito, estou convenido, e por iso enfocamos a campaña electoral en termos de candidatos de facto tamén", subliñou Carles Puigdemont, ex-presidente da Generalitat.
A Fiscalía aceptou onte o recurso que presentaron contra a decisión da Xunta Electoral Central de que non podían ir nas listas. Esperábase a resposta desde un Contencioso-Administrativo pero este elevouno ao Supremo. O asesor xurídico de Puigdemont di que se pasan a pelota pero que isto non cambia nada.
"O Ministerio Fiscal entende que o recurso ten que ser estimado e o Ministerio Fiscal é único en España, polo tanto o informe, que nos dá a razón, tamén ten que ser válido no Supremo", matizou Gonzalo Boye, asesor xurídico de Puigdemont.
A resolución podería coñecerse mañá. O Supremo ten previsto reunirse ao mediodía.