CRTVG

Buscar

O Supremo revisa hoxe a condena á voceira de Podemos Isa Sierra

Publicado o 19/05/2021 08:26
O Supremo revisa hoxe a condena á voceira de Podemos Isa Sierra

O Tribunal Supremo revisa hoxe a condena á voceira de Podemos Isa Serra por atentado á autoridade. Foi sentenciada a un ano e sete meses de cárcere polos incidentes no intento de paralización dun desafiuzamento en Madrid en 2014. Serra recorreu contra a sentenza alegando que se baseaba en probas subxectivas, como as declaracións dos policías.

E o Supremo celebra hoxe unha vista pública para decidir sobre ese recurso. A sentenza tamén implica inhabilitación por 19 meses e o pagamento dunha indemnización aos policías feridos. Isa Serra lidera o grupo de Podemos na Asemblea de Madrid despois da marcha de Iglesias.

Noticias web

19/05/2021