CRTVG

Buscar

O Supremo recoñece a pensión dunha viúva que foi parella de feito 30 anos

Publicado o 23/04/2021 10:42

O Tribunal Supremo recoñece o dereito a pensión dunha muller viúva da Coruña que foi parella de feito dun garda Civil durante tres décadas. Demostrou a relación entre ambos con probas como o certificado de empadroamento, unha casa adquirida a medias, tres fillos en común ou o libro de familia.

Nesta ocasión, o tribunal fai unha interpretación máis flexible da lei. Por primeira vez, recoñece que o rexistro ou a constitución ante notario non son os únicos elementos que acreditan a existencia dunha parella de feito. E dictamina que coas probas achegadas hai unha acreditación palpable de que existiu convivencia entre a recorrente e o causante durante 30 anos.

A sentenza supón un cambio histórico na xurisprudencia e ditamina que existen outros medios alternativos para demostrar a existencia dunha parella de feito.

Noticias web

23/04/2021