CRTVG

Buscar

O Supremo ratifica a prisión permanente revisable para Ana Julia Quezada

Publicado o 16/12/2020 13:42
O Supremo ratifica a prisión permanente revisable para Ana Julia Quezada

A Sala do Penal confirmou a pena de prisión permanente revisable para Ana Julia Quezada polo asasinato con aleivosía do neno Gabriel Cruz, de 8 anos de idade, ocorrido en Almería en febreiro de 2018.

A Sala do Penal do alto tribunal avala o criterio da Audiencia de Almería e do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía e ratifica o máximo castigo penal para Quezada nunha sentenza onde desestima os recursos interpostos tanto pola defensa da acusada como pola acusación particular.

Os maxistrados consideran que a valoración xurídica que levou ao tribunal para impoñer prisión permanente é válida e estivo suficientemente fundamentada e estima que o veredicto que ditou o xurado estaba motivado.