CRTVG

Buscar

O Supremo pregúntalle ao Congreso cando empeza a inhabilitación do deputado de Podemos Alberto Rodríguez

Publicado o 20/10/2021 14:58
O Supremo pregúntalle ao Congreso cando empeza a inhabilitación do deputado de Podemos Alberto Rodríguez

Continúa a polémica arredor dun deputado de Podemos, Alberto Rodríguez, que foi condenado a mes e medio de inhabilitación por agredir un policía. Onte, a Mesa do Congreso, cos votos do PSOE e Unidas Podemos, decidiu mantelo no escano e non retirarlle a acta de deputado.

A decisión non gustou no Tribunal Supremo, así que o xuíz que levou o caso envioulle hoxe un oficio á presidenta da cámara, Meritxell Batet, para que o informe de cando empezará Rodríguez a cumprir coa condena de inhabilitación.

Noticias web

20/10/2021