CRTVG

Buscar

O Supremo obriga ao concello de Barcelona a colocar a efixie do rei no salón de plenos

Publicado o 06/07/2021 20:01
O Supremo obriga ao concello de Barcelona a colocar a efixie do rei no salón de plenos

O concello de Barcelona deberá colocar a efixie do rei no salón de plenos. O Tribunal Supremo lembra que todos os concellos teñen a obriga de lucir nun lugar destacado esta representación do xefe do Estado. Con esta resolución, o Supremo anula a norma municipal que aprobara o concello de Barcelona en 2015 para xustificar a retirada da imaxe do rei.

Todo no día en que dimitiu o número dous de Ada Colau. Joan Subirats, ata agora tenente de alcalde de Cultura, Educación e Ciencia da Cidade Condal pediu renunciar porque vaise xubilar. Ten setenta anos. Subirats foi número dous nas lists de Bracelona en Comu nas eleccións municipais. A previsión é que a maior parte das súas funcións municipais sexan asumidas por Jordi Martí, actual concelleiro de Presidencia.

 

Noticias web

06/07/2021