CRTVG

Buscar

O Supremo de Venezuela solicita a España a extradición de Leopoldo López

Publicado o 11/05/2021 20:23
O Supremo de Venezuela solicita a España a extradición de Leopoldo López
EFE

O Tribunal Supremo de Xustiza (TSX) de Venezuela informou este martes que solicitou a España a extradición do opositor Leopoldo López, quen abandonou o seu país a finais de outubro pasado de forma clandestina, a través da fronteira con Colombia.

"A Sala de Casación Penal do Tribunal Supremo de Xustiza, declarou procedente solicitar ao Reino de España, a extradición activa do cidadán Leopoldo Eduardo López Mendoza, para o fiel cumprimento do resto da súa condena en territorio venezolano", dixo a corte nun comunicado.