O Supremo confirma que enviar unha foto de alguén espido sen permiso é delito
Publicado o 26/02/2020 19:35

Enviar unha foto de alguén espido, sen permiso, é delito. Así o acaba de confirmar o Tribunal Supremo nunha sentenza. O Alto Tribunal impúxolle unha multa de máis de mil euros a un home que reenviou desde o seu teléfono móbil imaxes dunha amiga espida.
O Supremo explica que se trata dun delito de descubrimento e revelación de segredos ao atentar de forma moi grave contra a intimidade das persoas.