CRTVG

Buscar

O Supremo confirma a multa a Sánchez polo uso electoralista da Moncloa

Publicado o 31/05/2021 20:07
O Supremo confirma a multa a Sánchez polo uso electoralista da Moncloa

O Tribunal Supremo confirma a multa a Pedro Sánchez polo uso electoralista da Moncloa durante a campaña electoral do 10 de novembro de 2019. A sanción ten que ver cunha entrevista concedida á Sexta na sede da presidencia e subida despois á web oficial do Goberno.

Sánchez presentara un recurso tras a sanción inicial da Xunta Electoral, recurso que hoxe desestimou o Alto Tribunal. O presidente terá que pagar 500 euros de multa.

Noticias web

31/05/2021