CRTVG

Buscar

O Supremo confirma a condena á avogada galega Tania Varela por branqueo de capitais

Publicado o 21/04/2021 16:58
O Supremo confirma a condena á avogada galega Tania Varela por branqueo de capitais

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena dun ano e oito meses de prisión que a Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo á narcoavogada galega Tania Varela por branqueo de capitais procedentes do tráfico de drogas. Despois de cinco anos fuxida da Xustiza e tras ser detida Barcelona, Varela compareceu en abril de 2018 na Audiencia de Madrid como testemuña no xuízo polo asasinato en 2008 do seu entón parella, o avogado Alfonso Díaz Moñux, que ela mesma presenciou ao ir de copiloto no coche no que uns sicarios mataron o letrado a poucos metros do seu despacho, no distrito madrileño de Chamartín.

Nese xuízo Varela declarou que tras o asasinato escapou porque Díaz Moñux lle acondellou: "Se me pasa algo vaite que eu tentarei protexer as miñas fillas". Agora o Tribunal Supremo confirmou a condena por delito de capitais procedentes do narcotráfico a Varela dun ano e ano meses de cárcere e a multa de 56.000 euros que lle impuxo en abril de 2019 a Audiencia de Pontevedra, que cifrou en polo menos 70.000 euros o diñeiro que ocultou.

O TS desestima o recurso da condenada e confirma a sentenza da Audiencia, que aplicou a circunstancia atenuante de dilacións indebidas e acordou o comiso do diñeiro utilizado para a comisión do delito e a súa adxudicación ao Estado a través do fondo do plan contra a droga.

Noticias web

21/04/2021