CRTVG

Buscar

O Supremo indemnizará de forma distinta os traballadores indefinidos e temporais

Publicado o 05/03/2019 18:50

O Tribunal Supremo recoñece diferenzas entre o despedimento colectivo de contratados temporais e traballadores indefinidos. Nunha sentenza que se acaba de coñecer, o Supremo entende que nun caso dunha empresa de Asturias, a diferenza de indemnización que se estableceu para os indefinidos e os fixos se realizou axeitadamente. O Tribunal recoñece que a empresa sempre actuou de boa fe nas negociacións.

É a resposta a un recurso de Comisións Obreiras contra unha sentenza en que se recoñecían 20 días de indemnización para indefinidos, 15 días para os temporais de antes da reforma laboral e 12 para os contratados posteriores. O sindicato pedía 21 días para todos.

Noticias web

05/03/2019