CRTVG

Buscar

O Supremo absolve os oito acusados da Operción Pingüín

Publicado o 15/02/2019 17:25
O Supremo absolve os oito acusados da Operción Pingüín

Novo revés para a xuíza Pilar de Lara. O Supremo absolveu os oito acusados da operación antidroga Pingüin, que permitiu hai dez anos desartellar unha presunta trama de tráfico de cocaína en Galicia. O Supremo considera "desproporcionadas" as escoitas teléfonicas que ordenara a maxistrada luguesa durante a instrución, e anulou as gravacións. A Audiencia condenara os acusados a penas entre os seis e os catro anos de prisión.
 

Noticias web

15/02/2019