CRTVG

Buscar

O TS rexeita os recursos contra a elección de Delgado como fiscal xeral

Publicado o 19/10/2021 12:45
O TS rexeita os recursos contra a elección de Delgado como fiscal xeral

O Tribunal Supremo non admite os recursos presentados polo PP e Vox contra o nomeamento da exministra de Xustiza Dolores Delgado como fiscal xeral do Estado, ao considerar que non teñen "lexitimación activa" para recorrer. A Sala do Contencioso-Administrativo do Alto Tribunal adiantou o ditame da sentenza, que se fará publica nos próximos días.

Dous dos sete maxistrados que conforman o tribunal votaron en contra e anunciaron un voto particular. O nomeamento de Dolores Delgado foi impugnado ante o Supremo por ambos os partidos ao considerar que non se axustaba aos criterios de "idoneidade" e "imparcialidade" ao ser ministra de Xustiza co PSOE e deputada socialista.

Noticias web

19/10/2021