As testemuñas aseguran que o mozo que iniciou a agresión a Samuel o vexou pola súa condición sexual
Os comentarios homófobos contra Samuel foron continuos, tanto durante a malleira como antes e despois da agresión. Segundo testemuños recollidos no sumario, antes de empezar a pegarlle, un dos principais implicados berroulle: pero que estás gravando maricón? Xa en plena agresión, utilizou a mesma palabra para insultalo. E na xuntanza que tivo a pandilla despois, recoñeceu abertamente que tiña un problema cos gais.
O sumario recolle tamén unha clara intencionalidade de acabar coa vida da vítima. Nas gravacións das cámaras de seguridade vese como usan unha botella de cristal e unha navalla para agredilo. Cando saca a arma do peto, un dos agresores di: voulla cravar no peito, vas morrer. Logo usou ademais unha botella para baterlle a cara.
No corpo da vítima atopáronse restos de ADN dos dous principais agresores. Pero as cámaras de seguridade dos locais próximos e tamén varias testemuñas, identifican sen ningunha dúbida os seis detidos polo crime.
As testemuñas revelan tamén que Samuel non se defendeu nin fixo ningún acto de violencia contra os seus atacantes. O único que quería era fuxir.