CRTVG

Buscar

O sumario da operación contra José Luis Moreno revela detalles da investigación policial

Publicado o 06/08/2021 20:52

Pouco a pouco vanse desvelando detalles da operación policial que desembocou na detención de Jose Luis Moreno.

A investigación revela, por exemplo, que Moreno tiña un plan para vender as suas propiedades en España e vivir no estranxeiro cun patrimonio que él mesmo cifrou nuns 400 millóns de euros.

Tamén recolle as supostas ameazas dun empresario arxentino que lle prestou 32 millóns de euros para facer unha serie que nunca se rodou. "Estou disposto a todo si me sinto enganado", escribiulle o empresario nun correo electrónico.

A policia conclúe que a organización, supostamente liderada polo ventrílocu, tería estafado mais de 19 millóns de euros a entidades bancarias a través de préstamos e créditos, coa connivencia de directores e empregados .

Así obtiveron multitude de créditos ICO que se concedían a raiz da COVID 19 porque, segundo os propios implicados, eran "os mais faciles de conseguir e os que as entidades bancarias estaban desexando conceder.

Jose Luis Moreno foi detido o pasado 29 de xuño canda outras 53 persoas. Entre elas, cinco directores de Bancos.
 

Noticias web

06/08/2021