CRTVG

Buscar

O sufraxio universal feminino fai 90 anos

Publicado o 01/10/2021 20:31

O dereito ao voto das mulleres fai hoxe 90 anos. O un de outubro de 1931 as primeiras cortes da Segunda República aprobaban o artigo da nova Constitución que por primeira vez na historia de España consagraba o dereito ao sufraxio femenino universal. Ata daquela, as mulleres non podían votar, pero si podían ser elixidas. Foi precisamente unha das 3 únicas deputadas daquel congreso, Clara Campoamor, quen pasaría á historia como a artífice daquela conquista.

Noticias web

01/10/2021