CRTVG

Buscar

O soño do Celta B, a responsabilidade do Deportivo e a ilusión do Rácing, en xogo na xornada da 2ªB

Publicado o 28/04/2021 19:33

O Celta B non quere que o desta fin de semana sexa o último partido en Balaídos. Bástalle unha vitoria ante a Cultural Leonesa para entrar no 'playoff' de ascenso a Segunda División e continuar soñando, como di Íker Losada: "Cando fixemos o ascenso á Segunda Pro xa tiñamos en mente non deixar de soñar. Unha vitoria e ademais na casa sería o máis bonito"

Co que soña o Deportivo é con asegurar na casa ante 5.000 seareiros a súa praza na Primeira Federación. As contas pasan por derrotar o Langreo e que o Numancia non gañe en Ferrol. O club precisa seguir como moito unha categoría do fútbol profesional e os xogadores, recoñece Lara, sábeno: "A responsabilidade o equipo sábea e non ten que nos levar a desesperación nin a nerviosismo. Todo o mundo asinaría estar nesta situación"

Pois quen está na situación é o Rácing de Ferrol que con gañarlle ao Numancia na Malata tería asegurado o posto na Primeira Federación e de paso faríalle un favor ao Deportivo. "Por desgraza non podemos estar nin o Depor nin nós nunha categoría superior. Sería bo para os dous enfrontármonos a temporada que vén e serían probablemente uns partidos bonitos para as dúas afeccións", sinala Joselu

A xornada decisiva, os partidos da ilusión e a tensión, os momentos para soñar vanos poder vivir ao completo na nosa segunda canle