O sol da unha tregua e invita a gozar da neve en Pedrafita do Cebreiro
Día de sol o primeiro domingo de febreiro na montaña de Lugo. Nada que ver co do sábado, cando a ventisca chegou a amorear neve que nalgúns puntos rondo o medio metro.
A neve converte Pedrafita do Cebreiro nun parque de atraccións para nenos e maiores. Aínda que estaba previsto un descenso de temperaturas, o día soleado anima a gozar dela.
O deslizamento en zorra é unha actividade ao alcance de todos.
Tamén a elaboración de bonecos de neve e o lanzamento de bolas conta con moitos seguidores. O día hoxe invita a gozar ao aire libre.
Desta volta as máquinas quitaneves só traballaron a primeira hora para despexar os camiños. Con todo, hai que circular con precaución porque nas zonas de sombra pode haber xeo e hai varias estradas con néboa moi baixa.