O sol da fin de semana animou a afluencia das praias galegas
Publicado o 10/07/2021 21:31
En Galicia, tivemos un día solleiro e caloroso, pero quedamos moi lonxe dos rexistros de Andalucía e doutras comunidades do sur.
Foi un sábado de sol e praia. Moitos aínda están aínda nestes momentos aproveitando as últimas raiolas do día. O verán ofreceu unha xornada propicia para a praia e estas imaxes de Samil son só unha mostra do que puidemos atopar en moitos puntos do litoral.
Os galegos buscaron o sol e o mar. En moitos casos non era doado manter a distancia física recomendada nestes tempos de coronavirus.