CRTVG

Buscar

O sobrecusto das materias primas dispara os prezos na construción e no sector téxtil

Publicado o 04/10/2021 15:30

As materias primas experimentan a maior suba de prezos da última década. E estes incrementos xa teñen o seu impacto en sectores como o téxtil e o da construción. Facer unha obra nova ou unha reforma hoxe é case un 20 por cento máis caro que o ano pasado. As empresas de construción e reformas dan a voz de alarma sobre a suba sen precedentes das materias primas como a madeira, o aceiro ou o aluminio. Esta tendencia alcista nos prezos trasládase a ourtros sectores como o téxtil, a roupa infantil incrementouse case nun 2 por cento nos últimos meses.

Os construtores e as empresas de reformas din que os presupostos cambian en cuestión de semanas pola suba constante dos materiais. O aceiro, o aluminio ou a madeira acadan prezos prohibitivos con incrementos de ata o 80 por cento.

O encarecemento das materias primas ten o seu efecto dominó noutros sectores. Vestirse tamén é máis caro, especialmente a roupa infantil, que se incrementa nun 1,7 por cento.

Tras a pandemia recuperouse a demanda que favorece os ascenso dos prezos nas materias primas. Pero tamén inflúe o impacto indirecto da suba da enerxía e o petróleo. O resultado son os sobrecustos que acabamos soportando os consumidores.

Tras a maior depresión dos prezos do ano 2020 a causa da pandemia, os expertos falan dun tendencia alcista xeneralizada da que polo momento non se albisca a fin.

Noticias web

04/10/2021