O sistema de diques non se activa e a auga alta inunda Venecia
Publicado o 08/12/2020 21:12
A forte choiva inundou Venecia, que sofre un novo episodio de auga alta. Ninguén activou o sistema de diques construído para protexerse destes asolagamentos.
Na praza de San Marcos a auga chegou a acadar os 145 cm de altura, case metro e medio. A auga asolagou o interior da basílica. E tamén palacios e os negocios. Os comerciantes protestan porque non se levantaron as 58 barreiras que os protexen da marea, a pesar das previsións de mal tempo.
Poucos turistas se atreven a transitar por unhas rúas que máis ca nunca parecen ríos. E nas que as góndolas poden moverse incluso fóra das súas canles.