O Sinuessa gaña o premio á mellor tortilla de Betanzos
Publicado o 11/10/2020 21:18
O restaurante Sinuessa recupera a distinción. A mellor tortilla de Betanzos sae dos seus fogóns. O segredo do éxito queda na cociña, pero Manuel Freire explica que o máis importante é a calidade de todos os produtos.
É a terceira vez que gañan o concurso. Este ano competían coas tortillas doutros dezaoito locais. Só cinco chegaron á cata final. Os cociñeiros Luis Veira, Adrián Felípez e Dani López exerceron como xuíces expertos e felices. Para Adrián López "a tortilla de Betanzos non pode levar cebola e "non debe estar moi callada. Todo ten que estar equilibrado".
Pouco feita, con máis ovo que pataca e moi saborosa. A sona da tortilla betanceira traspasa fronteiras. Materia prima de máxima calidade para unha tortilla celmosa e perfecta.