CRTVG

Buscar

O Sindicato Labrego critica a distribución de fondos prevista na nova PAC

Publicado o 07/10/2021 16:33

O Sindicato Labrego Galego califica de catastrófica para Galicia a distribución de fondos prevista na nova PAC polo Ministerio de Agricultura. Di que segue primando a cantidade de superficie por riba da actividade e o emprego, alegan que non recolle as especificidades do rural galego e que é discrimintoria cos mozos e as mulleres. Como exemplo, afirman que Cantabria recibirá en cinco anos 30 millóns máis que Galicia.

"Se fose real a intención do ministerio de apostar pola igualdade, a medida sería equiparar os importes recibidos polas mulleres e os mozos cos importes medios. Pero iso non se fai porque aínda que digan que van incrementar o 5 %, resulta que o 5 % de cero é cero", di Isabel Vilalaba, secretaria xeral do SLG.

Noticias web

07/10/2021