CRTVG

Buscar

O Shakhtar deixa o Real Madrid ao bordo da eliminación na Champions

Publicado o 01/12/2020 20:56
O Shakhtar deixa o Real Madrid ao bordo da eliminación na Champions

O Shakhtar Donetsk gañou 2-0 ao Real Madrid e arrebatoulle, a falta dunha xornada para o final, a segunda praza do grupo a un conxunto do francés Zinedine Zidane que xa non depende de si mesmo para estar nos oitavos de final da liga de Campións.

Tras unha primeira metade na que o conxunto madridista estivo mellor sobre o terreo de xogo, con dúas ocasións de Marco Asensio, unha estrelouse no pau e outra que salvou o gardameta ucraíno Anatolii Trubin, o equipo local aproveitou a fraxilidade defensiva dos visitantes para levar os tres puntos. 

Primeiro o brasileiro Dentinho, no m.57, tras un erro do francés Raphael Varane, e máis tarde o israelí Manor Solomon, cunha longa condución sen apenas oposición no m.82, sentenciaron o partido e deixan ao Real Madrid contra as cordas e dependendo do que faga o Shakhtar Donetsk na última xornada.