CRTVG

Buscar

O servizo meteorolóxico alemán alertou de que caerían ata 200 litros nalgunhas zonas

Publicado o 20/07/2021 16:39
O servizo meteorolóxico alemán alertou de que caerían ata 200 litros nalgunhas zonas

Panorama desolador o que se pode ver hoxe nos lugares máis castigados polas riadas de hai seis días en Alemaña e Bélxica. As autoridades alemás fixeron unha primeira estimación dos danos, que poderían ascender a uns 2.000 millóns de euros. Máis de 160 persoas morreron e hai varios centos de desaparecidos. Na veciña Bélxica, as vítimas mortais son algo máis de 30 e hai uns 70 desaparecidos. O país celebra hoxe día de loito nacional polas vítimas destas devastadoras inundacións.

Noticias web

20/07/2021