CRTVG

Buscar

O servizo de videointerpretación de chamadas para persoas xordas pasa a funcionar de xeito ininterrompido

Publicado o 16/04/2020 17:05

O servizo de videointerpretación de chamadas para persoas xordas pasa a funcionar de xeito ininterrompido durante o estado de alarma.

Os usuarios acceden á plataforma desde o móbil ou o ordenador. Unha videointérprete de lingua de signos fai de ponte de comunicación entre eles e o teléfono consultado.

Desde que comezou o confinamento as chamadas multiplicáronse nesta plataforma, que coordina desde A Coruña a Federación de persoas xordas de Galicia.

Noticias web

16/04/2020