CRTVG

Buscar

O servizo de hemodinámica do hospital de Lugo amplíase ás 24 horas

Publicado o 18/02/2019 15:13

Desde hoxe, o servizo de Hemodinámica do Lucus Augusti funciona tamén en horario nocturno, de dez a oito da mañá. Ata agora os pacientes que tiñan algún accidente coronario a esas horas tiñan que ser trasladados a outro hospital, como o da Coruña. E a ampliación do servizo ás 24 horas converteuse nunha demanda social nos últimos anos. O Sergas decidiu ampliar o servizo en Lugo tras analizar os datos do rexistro galego de atención ao infarto.

Noticias web

18/02/2019