CRTVG

Buscar

O Servizo Canario de Saúde alerta dos riscos da covid cunha experiencia de realidade virtual

Publicado o 01/09/2021 14:56

Os responsables da Sanidade canaria decidiron apostar por unha mensaxe de alto impacto emocional para concienciar os que toman á lixeira as medidas preventivas ou a vacinación contra a covid. Unha pelicula en 3D recrea o que sente un enfermo desde o comenzo da infección ata que chega a estar intubado nunha unidade de coidados intensivos: "Apareceron inflitrados bilaterais e tes o osíxeno moi baixo en sangue...", dille o médico ao paciente virtual. 

"A nosa intención non é só crear impacto emocional, senón mudar actitudes e condutas das persoas", recalca Antonio Bernal, director de Psicoloxía de Vera Emerging Realities, a empresa creadora do proxecto de realidade virtual.

O resultado desta propostan denominada Respira, pódese ver na web do proxecto, pero o ideal, din os seus creadores é experimentar eses sete minutos de película, ou o tempo que cadaquén considere oportuno, nun visor de realidade virtual. Dan por feito que esa experiencia pode provocar un cambio de actitude en persoas que infravaloran os riscos da enfermidade.

"Que unha persoa saia da experiencia e decida vacinarse ou dicirlle a persoas do seu círculo que non o fixeran que por favor que o fagan", insiste Bernal.

Noticias web

01/09/2021