CRTVG

Buscar

O Sergas vacina o sábado máis de 11.000 persoas de entre 60 e 65 anos

Publicado o 18/04/2021 16:48
• Un 70 % das persoas convocadas foi vacinarse contra a covid
• Nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo recibiron a primeira dose 2.331 e 2.164 persoas, respectivamente
O Sergas vacina o sábado máis de 11.000 persoas de entre 60 e 65 anos

Sanidade vacina o sábado en Galicia 11.286 persoas do grupo de poboación comprendido entre 60 e 65 anos. Un 70 por cento dos convocados foi vacinarse contra a covid-19. Nas áreas da Coruña e de Vigo recibiron a primeira dose da vacina 2.331 e 2.164 persoas, respectivamente.

Dun xeito desagregado, e de acordo aos 14 puntos de vacinación habilitados por Sanidade, nos diferentes distritos sanitarios, na área da Coruña e Cee un total de 2.331 persoas recibiron a primeira das doses da vacina; 848 na área sanitaria de Ferrol; 1.964 na de Santiago-A Barbanza; 1.191 na de Pontevedra-O Salnés; 2.164 na de Vigo; 1.321 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; e 1.467 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Na xornada deste domingo continúan as vacinacións en grandes recintos.