O Sergas salienta o aumento da súa actividade na maioría dos servizos en 2018
Publicado o 15/02/2019 15:14
O Sergas salienta o aumento da súa actividade na maioría dos servizos en 2018. Segundo os datos que presentaron hoxe, houbo case 32 millóns de consultas, 562.000 máis ca en 2017.
Fixéronse máis de 3 millóns de probas diagnósticas, o que supera en 50.000 as do ano anterior.
Tamén medraron as intervencións cirúrxicas. Houbo preto de 210.000. Case 4.500 máis ca en 2017. O 53% foron ambulatorias.
Houbo arredor de 240.000 ingresos hospitalarios, case 2.500 máis, aínda que se reduciu o tempo medio de estadía.
Aumentaron especialmente as consultas telefónicas. Tamén os transplantes. Pasaron dos 267 de hai dez anos aos 354 do ano pasado.