CRTVG

Buscar

O Sergas rexistra o falecemento de dúas persoas de 67 e 73 anos

Publicado o 04/06/2021 20:24
O Sergas rexistra o falecemento de dúas persoas de 67 e 73 anos

Sanidade vén de notificar o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con elas, o número total de vítimas por mor da covid ascende a 2.426 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos producíronse na xornada de onte e son os dun home de 73 anos, no CHUS, e unha muller de 67 anos, no Hospital Virxe da Xunqueira. 

Segundo informa Saúde Pública, ambas presentaban patoloxías previas.

Noticias web

04/06/2021