Outras dúas mortes elevan a 2.417 as vítimas mortais pola pandemia en Galicia
Publicado o 28/05/2021 21:08

Sanidade vén de notificar o pasamento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con estes datos, o número total de vítimas mortais ascende a 2.417 desde o comezo da pandemia en Galicia.
Os falecidos, que perdían a vida na xornada de onte, eran un home de 83 anos no Hospital comarcal de Monforte de Lemos e unha muller de 94 anos no CHOP.
Segundo informa Saúde Pública, ambos presentaban patoloxías previas.