O Sergas reprograma o calendario de vacinación tras o atraso de Pfizer
• Os sanitarios, listos para comezar a vacinar
• Así é o día despois da vacinación na residencia Porta do Camiño
Os responsables sanitarios ven o atraso de Pfizer como un contratempo normal, e manteñen a confianza na vacinación, para a que, din, Galicia está preparada.
Federico Martinón, xefe de Pediatría do CHUS e membro do Comité Asesor de Vacinas da OMS, di: "Galicia está preparada e deseñouse un plan para minimizar o único problema que pode ter a vacina de Pfizer, que é loxístico, pola necesidade de manter a cadea de frio e a ultraconxelación".
Iso si, o atraso na chegada de novas doses podería obrigar a reprogramar o calendario de vacinación do Sergas.
Antón Acebedo, director xeral de Atención Sociosanitaria, di: "Estamos en contacto permanente coa consellería e co ministerio para ver se esto pode afectar á programación que temos establecida para a vacinación dos distintos centros ao longo da semana, e en función diso iremos actuando".
A idea inicial é que cada día poidan vacinarse máis de 1.000 persoas en Galicia. De momento, están elaborándose listaxes dos residentes e traballadores dispostos a recibir o remedio nesta primeira fase.