O Sergas reforza con novos cribados preventivos na Illa de Arousa
Publicado o 09/01/2021 14:48
Este é o aparcadoiro da praia do Vao, na Illa de Arousa. Paralelamente doce profesionais do Servizo Galego de Saúde traballan nunha dobre dirección. Algo máis de 3.000 persoas de entre 15 e 69 anos entregan unha mostra de saliva e a 606 persoas de máis de 70 anos fanlles unha PCR coa xa clásica mostra nasofarínxea.
Porque na Illa, que ten unha poboación de 5.000 habitantes, hai 78 casos activos de coronavirus, catro menos ca o venres e arredor de 300 persoas en seguimento, en corentena, por ser contactos dalgún outro contaxiado. O maior número de enfermos foi 105. Aquí a incidencia acumulada segue a ser alarmante: 1.705 casos por cada 100.000 habitantes.