CRTVG

Buscar

O Sergas notifica un falecemento por mor da covid−19, o primeiro dende o pasado venres

Publicado o 11/05/2021 21:19
O Sergas notifica un falecemento por mor da covid−19, o primeiro dende o pasado venres

O Sergas acaba de notificar o falecemento dunha muller de 88 anos que fora diagnosticada de coronavirus. A muller faleceu na xornada de onte no CHUO e sufría patoloxías previas. A vítima só recibira a primeira dose da vacina de Moderna, non completara a pauta, segundo confirmou a Consellería de Sanidade. 

Con ela, a cifra total de decesos ascende a 2.395 desde o comezo da pandemia na nosa comunidade autónoma.