CRTVG

Buscar

O Sergas notifica tres falecementos por mor da covid−19 na fin de semana

Publicado o 26/07/2021 20:40
O Sergas notifica tres falecementos por mor da covid−19 na fin de semana

O Sergas notificou o falecemento de tres persoas que foran diagnosticadas con coronavirus.

O pasado día 23 falecía unha muller de 82 anos no CHUF, o día 24 unha muller de 94 anos no mesmo hospital e o 25 unha muller de 88 anos no Hospital de Verín. Segundo informa Saúde Pública, todas elas padecían patoloxías previas.

Con estes datos, a cifra total de vítimas ascende a 2.452 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Noticias web

26/07/2021